miércoles, 25 de febrero de 2009

EL LECTOR (The Reader)


“El día siguiente a nuestra conversación, Hanna me preguntó qué cosas aprendía en el colegio. Le hablé de los poemas de Homero, de los discursos de Cicerón y de la historia de Hemingway en la que un viejo lucha contra un pez y contra el mar. Ella quería saber cómo sonaban el latín y el griego, y le leí fragmentos de la “Odisea” y de las “Catilinarias”.”

El Lector - Bernhard Schlink

Se che gustou a película, proba a ler o
libro, engancharache.

jueves, 19 de febrero de 2009

LACÓN CON GRELOS NA BIBLIOTECA

Non, non, na Biblioteca non estamos preparando unha laconada para estes días, pero se cadra ti sí queres cociñar para os teus amigos os típicos pratos da cociña galega de Entroido. Queres facer un lacón con grelos e non sabes cómo?. Necesitas a receita das filloas?, atrevetes coas orellas?. Ainda que non o creas, na Biblioteca Universitaria tenemos a solución. Unha interesante colección de libros de cociña galega está á túa disposición. Corre, que chega o entroido.
E se queres… tráenos a proba.
Bo proveito!!!

jueves, 12 de febrero de 2009

2009, ANO DE DARWIN

O 12 de febreiro celébrase o bicentenario do nacemento de Charles Robert Darwin (1809, Shrewsbury, Inglaterra) e o 150 aniversario do seu traballo máis coñecido A Orixe das especies.
A OCLC a través de o WorldCat Identities amosa unha particular referencia da súa obra : datos bibliográficos, edicións en distintas linguas, autoridades, etc.

Para os interesados en coñecer a súa vida e obra a Wikipedia pode resultar un bó comenzo da viaxe que poderá continuar, se nos subimos da man da revista "Muy Interesante" para realizar un percorrido interactivo a bordo do Beagle. Se o que buscamos son os eventos e actividades programadas co gallo da conmemoración do seu aniversario, a Sociedade Española de Bioloxía Evolutiva recolle algunhas das citas máis importantes que se celebran en España.
Se ademáis queremos practicar inglés o Natural History Museum (Reino Unido) e o American Museum of Natural History amosan as reflexión en audio e vídeo que destacados científicos realizan sobre o naturalista inglés. A súa obra completa está accesible en The Complete Works of Charles Darwin on line e súa extensa correspondencia conta xa cun recurso específico The Correspondence Project. Tamén no buscador Google Book pódese atopar as súas obras traducidas o castelán.
Na Biblioteca Universitaria de Vigo tamén tes a túa disposición numerosa bibliografía de Darwin e sobre a súa obra. Consulta este documento.




viernes, 6 de febrero de 2009

"NOVAS" LECTURAS

Ó fío do Cumio de Davos, vennos á memoria non só o escenario da reunión anual do Foro Económico Mundial senón tamén o lugar onde se desenrola a novela que imos recomendar : A montaña máxica de Thomas Mann.
E continuando na liña, neste caso, da mal chamada actualidade (xa que o conflito árabe-israelí é vello, demasiado vello), queremos resaltar a novela do sirio Rafik Schami O lado escuro do amor que nos presenta unha cultura marcada por convulsións políticas e relixiosas dende Siria ó Líbano.
E a ler... que son moitas páxinas!

miércoles, 4 de febrero de 2009

CINE E... MÉDICOS


Continuando coa temática Cine e ... aberta con Cine e Matemáticas hoxe queremos presentar o libro Cien médicos en el cine de ayer y de hoy de Juan Antonio Pérez Millán, director da Filmoteca de Castilla Y León, e Ernesto Pérez Morán, publicado pola Universidad de Salamanca. O libro empeza coa frase "No hay mejor médico que una buena película"e fai un percorrido pola historia do cine empezando coa película de Robert Wiene "El gabinete del doctor Caligari"(1919) ata "Sicko" de Michael Moore (2007) pasando por moitas películas por todos coñecidas.

Os comentarios das películas complétanse cunha ficha técnica, e o final do libro inclúese un completo índice de títulos e directores das obras seleccionadas.

Podedes atopalo na Biblioteca Central de Vigo.
Ademais se queredes ver as películas, lembrade que moitas delas están na Biblioteca Universitaria.