domingo, 17 de mayo de 2009

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

A Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas 2009 a Ramón Piñeiro, considerado un dos máis importantes representantes do galeguismo político e cultural.
Mercando Libros quere achegarvos á súa vida e obra a través dun documento no que recollemos as obras de e sobre Ramón Piñeiro que se atopan na Biblioteca Universitaria de Vigo.




Do mesmo xeito, recomendámosvos alguns enlaces de interés para coñecer máis sobre este importante representante e defensor da identidade galega.

- Para coñecer a súa biografía : Real Academia Galega
- Para coñecer a súa obra : Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela e Biblioteca da Fundación Penzol
- Foi director literario da Editorial Galaxia
- Fundador da Revista Grial
- Foi o primeiro director do Consello da Cultura Galega
- O Centro Ramón Piñeiro para da Investigación en Humanidades leva o seu nome.
- No Centro Social Uxío Novoneira de Lugo celébrase a máis importante das exposicións sobre a súa vida e obra "Ramón Piñeiro (1915-1990). Olladas no futuro"
- A Casa Galega da Cultura de Vigo ten habilitado un espazo coa reprodución do seu famoso gabinete da rúa Xelmirez 15 de Santiago.
- A súa voz pode escoitarse a través do Arquivo Sonoro de Galicia.
- O seu "correo electrónico"

E para rematar, este bonito traballo con interesantes entrevistas :




11 comentarios:

demiletoaspasia dijo...

Moi lindo. Grazas.
Por certo: non están as obras na bc: ¿poderíanse mercar? (namentres se poñen en googlebooks)

Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo dijo...

Grazas Demiletoaspasia. Efectivamente moitas destas obras non están na Biblioteca Central de Vigo, pero sí en outras bibliotecas da Universidade e xa sabes que podes solicitalas en préstamo. Para a suxestión de compras podes utilizar os formularios ós que tés acceso dende a páxina principal do blog.

demiletoaspasia dijo...

Grazas Sección de Adquisicións. Seica, se teño tempo, solicitarei a compra. O que eu me pregunto é por qué non hai lectura novedosa, en correspondencia coa vosa estupenda páxina, nesta Biblioteca Central. A esta xente que vedes nas mesas da vosa biblioteca gustaríanos ter, por exemplo, a obra de Piñeiro, para os nosos momentos de esparciminto: ¿ou pensades que unicamente nos interesa estudar apuntes neste marco incomparable, fronte ao Galiñeiro?
Envexa de BCP!
Ogallá sexades Fronte Cultural Bibliotecaria
Saúde

Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo dijo...

Ogallá poidéramos mercar o que queremos... pero mercamos o que podemos. O debate ven de lonxe...

Unknown dijo...

Demileto, estou dacordo contigo. Pero.. ah! la Política, la Política...
É que hai política de adquisicións?

Unknown dijo...

¿Por qué una Biblioteca Universitaria no puede cubrir también las necesidades de ocio de sus usuarios, y más estando dónde está este Campus?

Un ejemplo de esto: http://365diasdelibros.blogspot.com/2006/05/comenzamos.html

demiletoaspasia dijo...

Xa vexo que hai máis xente á que lle gustaría ter lectura cultural de actualidade nesta biblioteca de estudio. ¿Quén se teñe que ocupar disto? ¿Ou é que só compran libros os profesores?

Paisei os dous últimos meses "vendo Vigo" (son de Porriño, así que algo che ten): pero canta pobreza! E cantos estantes vacíos! Se non comprades libros, ¿por qué non nos instalades unhas tumbonas para os nosos tempos de relax? Xa tiraremos de música propia.

Chao, SEcción de Adquisición.

Anónimo dijo...

noraboa, amigas: os vosos post son unha marabilia: cabais, breves, discretos, eficaces. A escolma de recursos que ofrecedes non se atoparía mellor fuchicando por google. Acostumados xa como estamos aos blogs-chorradas, o voso é ar fresco.

Por certo: agradeceríavos que puxérades a duración dos vídeos cando os incluís.

Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo dijo...

Grazas, grazas.
Isto anima.

Unknown dijo...

Balbino: seica falta o apartado da leitura crítica: alomenos, Méndez Ferrín domingo 23 de maio: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009052400_8_330546__Sociedad-y-Cultura-Roan-personaxe-ficcion-nunca-busquei-facer-unha-satira-Ramon

Anónimo dijo...

Vaia, vaia!
Grazas Pepa
Vaia, vaia!