viernes, 4 de diciembre de 2009

CUMBIA CARTONEIRA NA BIBLIOTECA DE FILOLOXÍA


Axudar as persoas que viven do reciclaxe do cartón e dar a coñecer a literatura latinoamericana actual por medio de libros elaborados de forma artesanal é o fin do proxecto editorial das cartoneiras. As editoriais cartoneiras nacen en Buenos Aires no ano 2003 con Eloísa Cartonera, e a partir de aí expándense por toda Latinoamérica producindo libros artesanais e únicos a partir de materiais reciclados proporcionados polos cartoneiros; o contido do libro inclue obras de escritores pouco coñecidos, traducións de autores extranxeiros ou obras de escritores de prestixio que renuncian ós seus dereitos de autor a favor deste proxecto.


O proxecto chega á Universidade de Vigo da man de varios membros da Facultade de Filoloxía e Tradución que participaron no IV Simposio Roa Bastos de Literatura na Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) onde estableceron contacto con representantes de Katarina Kartonera.




Na Biblioteca da Facultade de Filoloxía podedes ver unha pequena mostra destes interesantes libros e coñecer algo máis deste novedoso proxecto.
Achegádevos.

(As fotos son da nosa compañeira Ana Bande)

3 comentarios:

Ana Bande dijo...

Un gustazo colaborar na difusión desta alternativa editorial tan solidaria. A elaboración destes materiais é unha cadea na que participan xentes que recollen os materiais, outros que os preparan, xs que escriben ou traducen os textos a ese fantástico portuñol, os que pintan e encuadernan...é un fenómeno bastante extendido en Sudamérica onde como sabemos, teñen que imaxinar solucións orixinais para case todo. Grazas por esta fermosísima entrada, seguro que os cartoneiros estarán contentísimos. Saúdos.

Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo dijo...

Gracias Ana; una iniciativa así merece que se difunda. Ojalá sirva para algo nuestro pequeñísimo grano de arena. Saludos.

Ita dijo...

Qué buena iniciativa la de Cartoneira, esto me recuerda aquello de: "la imaginación al poder". Enhorabuena también al personal colaborador de la Facultade de Filoloxía