miércoles, 23 de diciembre de 2009

DESPEDIDA... Ó 2009


Dende esta ventá, a ventá da Sección de Adquisicións, queremos desexarvos Feliz Aninovo.

Tamén queremos agradecervos a vosa compaña ó longo deste tempo.

Temos pasado ratos moi entretidos, divertidos, entrañables... facendo os nosos posts e lendo os vosos comentarios, pero, témolo que deixar. O 2010 será ano de oposicións (?) e temos que adicarnos a outras cousas.

Pode non ser unha despedida, senon un "deica logo" , pero mentras sigamos aquí, seguiremos mercando libros (e seguiremos en twitter).

Bicos.

(Si, son estrellas. Sin comentarios)

viernes, 4 de diciembre de 2009

CUMBIA CARTONEIRA NA BIBLIOTECA DE FILOLOXÍA


Axudar as persoas que viven do reciclaxe do cartón e dar a coñecer a literatura latinoamericana actual por medio de libros elaborados de forma artesanal é o fin do proxecto editorial das cartoneiras. As editoriais cartoneiras nacen en Buenos Aires no ano 2003 con Eloísa Cartonera, e a partir de aí expándense por toda Latinoamérica producindo libros artesanais e únicos a partir de materiais reciclados proporcionados polos cartoneiros; o contido do libro inclue obras de escritores pouco coñecidos, traducións de autores extranxeiros ou obras de escritores de prestixio que renuncian ós seus dereitos de autor a favor deste proxecto.


O proxecto chega á Universidade de Vigo da man de varios membros da Facultade de Filoloxía e Tradución que participaron no IV Simposio Roa Bastos de Literatura na Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) onde estableceron contacto con representantes de Katarina Kartonera.




Na Biblioteca da Facultade de Filoloxía podedes ver unha pequena mostra destes interesantes libros e coñecer algo máis deste novedoso proxecto.
Achegádevos.

(As fotos son da nosa compañeira Ana Bande)