
Estase a celebrar a
Semana da Ciencia, evento de carácter europeo que, coordinado en Galicia pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellaría de Innovación e Industria, en colaboración con FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), conta coa participación de numerosas entidades e organismos entre os que é parte moi activa a
Universidade de Vigo.
Son numerosas as actividades organizadas (exposicións, charlas, teatro, obradoiros...), todas elas coa finalidade de achegar á ciencia a todo tipo de público da forma máis lúdica e didáctica posible.
Dende
Mercando libros queremos facer a nosa pequena aportación a esta iniciativa.
Difundir a colección da Biblioteca Universitaria é un dos fins deste blog; hoxe queremos facer unha pequena homenaxe ás mulleres científicas e ao seu papel na historia da ciencia, durante tanto tempo silenciado nun mundo prácticamente reservado ós homes.
Neste
documento (
Visualizar como libro) poderedes atopar os fondos bibliográficos da
Biblioteca Universitaria de Vigo adicados ós estudos sobre as mulleres e a súa contribución ó mundo da ciencia dende tempos remotos ata os nosos días, incluíndo biografías dalgunha dela como a matemática Hypatia de Alejandría ou a Premio Nóbel Marie Curie, pasando pola xenetista Barbara McClintock entre outras.
Todas elas son un exemplo de loita e pasión pola ciencia; como elas, hoxe en día moitas mulleres adicanse ós estudos científicos e técnicos e as súas aportacións son fundamentais nos avances da actual ciencia e tecnología.
Vai por elas!