jueves, 25 de junio de 2009

ÍMONOS DE VACACIÓNS

Chegan as vacacións. Relaxádevos, esquecede os estudos e o traballo e... gozade do voso tempo libre. Recargade as vosas baterías viaxando, lendo, durmindo... en fin, como máis vos guste, pero dedicade un tempo á lectura.
Durante os meses que levamos convosco fomos recomendando algunhas lecturas, informando a través do noso twitter de obras de interese que chegaban á Biblioteca... Participastes connosco coas vosas suxestións; entre tod@s elaboramos o xa groso "O Libro no Libro" do que hoxe publicamos unha nova actualización:



Hoxe queremos recordarvos todas estas obras que quixemos compartir convosco e suxerirvos algunha máis.

Alá polos anos 70 as nórdicas (principalmente as suecas) eran noticia en España ; hoxe volven á conquista, pero esta vez doutro xeito : a novela negra escrita por mulleres nórdicas empeza a difundirse no noso país e xa temos unha pequena mostra :

- Karin Fossum : para moitos a mellor representación feminina da novela policíaca escandinava.

- Åsa Larsson : "a Larsson que lía Larsson".

- Camilla Läckberg : "a Raiña" da novela negra.


Falamos de novela negra, de Suecia... ¿vos sona a algo? Vale, vos recomendaremos tamén a Stieg Larsson e a súa triloxía Millenium. Pero non podemos esquecer ó grande Henning Mankell e o recentemente traducido ó castelán Arnaldur Indridason coa súa novela "La mujer de verde".

E como algún de vós, Larssonmaníaco ou non, quererá coñecer Suecia (ou calquera outro país), a Biblioteca ofrece entre os seus fondos guías de viaxe que quizais vos resulten de utilidade para preparar as vosas visitas. Buscade no noso catálogo.
E xa de paso que vos ides por aí, non olvidedes que segue aberto o noso álbum "Retratando libros" que por estas datas cumpre o seu primeiro ano.






Participa nesta iniciativa e fotografía libros, bibliotecas, lectores, librarías... calquera cousa que teña relación cos libros, e envíanolas a esta dirección : adquisicions@gmail.com ou blogdabiblio@uvigo.es . De momento non pensamos en premios, pero quizais se nos ocorra algo.


Ben, pois... ímonos. Que teñades un Feliz verán!

jueves, 18 de junio de 2009

BIBLIOTECARI@S EN SERIE

Tiñamos as de xornalistas, médicos (a centos), avogados, camioneiros, farmacéuticos, profesores, policias... pero, críamos que non había ningunha serie de bibliotecarios/as ?... Pois a hai: é australiana e comenzóu a emitirse no ano 2007 : The librarians : unha comedia con bibliotecarios e usuarios como protagonistas.
Pode que chegue algún día as nosas televisións; ou faremos unha "made in Vigo" ?.
Pensadeo, pensadeo...