Todos, incluso os máis xóvenes, temos oído falar da "movida viguesa" dos anos 80. Coñecemos a "Golpes Bajos", "Siniestro Total", "Semen Up"..., pero ¿quén sabe quén son "Los 6 amigos", "Los Zuecos", Los Watios", "Los Diábolos"...?. A música Ye-yé sonou en Vigo nos anos 60-70 tamén con acento galego. Ata 95 son os grupos que Fernando Ferreira recolle no seu libro Crónicas de un Vigo Ye-yé. Anécdotas, entrevistas, numerosas fotografías, etc. compoñen esta entrañable obra na que se percorre parte da historia musical de Vigo da man dos seus protagonistas. Iníciase no ano 1958 cós ensaios dun grupo de xóvenes nos locais de Radio Vigo, e vainos contando os difíciles comenzos destes conxuntos, a búsqueda de instrumentos, de locais de ensaio e actuación, os desencontros coas familias...
Agora, trinta anos despois, publícase este libro e máis un CD e DVD nos que se recolle a música e actuacións destes grupos.
E para mostra :
viernes, 30 de enero de 2009
VIGO YE-YÉ
Publicado por
Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo
en
13:24
No hay comentarios:

Etiquetas:
Música,
Música Ye-yé,
Vigo
miércoles, 21 de enero de 2009
viernes, 16 de enero de 2009
POE : "O HOME QUE NUNCA SORRÍA"

Edgar Allan Poe, "o home que nunca sorría" inspirou cos seus relatos a todo tipo de creadores, e a súa herdanza chegou ata nos en múltiples manifestacións.
Pintura, música, cine, cómic, televisión, pasando por camisetas, viños, bonecos... e todo tipo de "merchandising" levan o selo das súas sinistras historias.
Todos coñecemos series de TV coma "Historias para no dormir", de Narciso Ibáñez Serrador, ou cancións tan populares como "Anabel Lee" de Radio Futura, ou "The Raven" do álbum "Tales of mystery and imagination" de Alan Parsons Project, sen esquecer a cantantes coma Silvio Rodríguez, Bob Dylan e actualmente a opera-rock "El legado de una tragedia" homenaxe ó escritor.
Dende principios do Século XX a inquietante obra poética e narrativa de Poe inspirou numerosos argumentos de películas; xa nos anos 20, o director francés Jean Epstein, e un xoven Luis Buñuel, dirixían a adaptación de "La Caída de la Casa Usher"; a esta seguirían infinidade de películas, moitas de serie B, e moitas dirixidas por Roger Corman.
Os seus poemas foron interpretados tamén por grandes mestres da pintura, estando presente na obra de Gustave Doré e Édouard Manet. Na Biblioteca contamos cun exemplar de "O Corvo" ilustrada por Doré.
A obra de Poe ten espertado a curiosidade de escritores como Borges, Bernard Shaw, Baudelaire ou Cortazar... Todos eles na Biblioteca Universitaria.
Para os máis interesados, internet ofrece innumerables recursos. A wikipedia recolle ampla información sobre o escritor, con mención á súa biografía, as súas obras e á súa influencia en distintas e curiosas manifestacións. Non deixedes de visitar a páxina do Edgar Allan Poe Museum ou a The House of Usher.
A Biblioteca Universitaria de Vigo conta cun importante número de obras, de, e sobre Poe, en varios idiomas, mesmo traducións ó galego, coma a que lles valeu ós profesores Jorge L. Bueno e Ana M. Fernández Soneira o accésit de tradución no Premio 2003 de Relato, Poesía e Tradución que convoca esta Universidade.
E xa para rematar, unha combinación de terror e humor coa versión de "O corvo" na serie de animación "Los Simpson". Espeluznante!!!!

9:48
No hay comentarios:

Etiquetas:
aniversarios,
Edgar Allan Poe,
literatura fantástica,
traducións
miércoles, 14 de enero de 2009
MERCANDO ... MÚSICA

O Concerto de Aninovo da Filharmónica de Viena dirixido por Daniel Barenboim abriu os actos do 200 aniversario da morte do compositor austríaco Joseph Haydn (1732-1809) incluíndo por primeira vez unha das súas obras, o cuarto movemento da “La sinfonía dos Adeuses". http://www.youtube.com/watch?v=BaMCyrdIC2M
Este ano coinciden varios aniversarios musicais: os 250 anos da morte de Händel (1685-1759), referente da música clásica inglesa e os 200 anos do nacemento do mestre alemán Mendelssohn (1809-1847).Galicia tamén ten o seu propio aniversario musical: o de Andrés Gaos (1874-1959), compositor e violinista galego morto hai 50 anos (http://www.andresgaos.com/principal.htm)
Se ben todos terán a súa homenaxe en multitude de concertos, Mercando libros quere facer a súa pequena achega a estes actos, difundindo as obras coas que conta a Biblioteca Universitaria que de todos eles ten unha boa representación.
Este ano coinciden varios aniversarios musicais: os 250 anos da morte de Händel (1685-1759), referente da música clásica inglesa e os 200 anos do nacemento do mestre alemán Mendelssohn (1809-1847).Galicia tamén ten o seu propio aniversario musical: o de Andrés Gaos (1874-1959), compositor e violinista galego morto hai 50 anos (http://www.andresgaos.com/principal.htm)
Se ben todos terán a súa homenaxe en multitude de concertos, Mercando libros quere facer a súa pequena achega a estes actos, difundindo as obras coas que conta a Biblioteca Universitaria que de todos eles ten unha boa representación.
Publicado por
Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo
en
12:11
No hay comentarios:

Etiquetas:
aniversarios,
Biblioteca Universitaria,
Música
Suscribirse a:
Entradas (Atom)