viernes, 16 de enero de 2009

POE : "O HOME QUE NUNCA SORRÍA"

O 19 de Xaneiro de 2009 cúmplense 200 anos do nacemento do considerado mestre do relato de terror.
Edgar Allan Poe, "o home que nunca sorría" inspirou cos seus relatos a todo tipo de creadores, e a súa herdanza chegou ata nos en múltiples manifestacións.
Pintura, música, cine, cómic, televisión, pasando por camisetas, viños, bonecos... e todo tipo de "merchandising" levan o selo das súas sinistras historias.
Todos coñecemos series de TV coma "Historias para no dormir", de Narciso Ibáñez Serrador, ou cancións tan populares como "Anabel Lee" de Radio Futura, ou "The Raven" do álbum "Tales of mystery and imagination" de Alan Parsons Project, sen esquecer a cantantes coma Silvio Rodríguez, Bob Dylan e actualmente a opera-rock "El legado de una tragedia" homenaxe ó escritor.




Dende principios do Século XX a inquietante obra poética e narrativa de Poe inspirou numerosos argumentos de películas; xa nos anos 20, o director francés Jean Epstein, e un xoven Luis Buñuel, dirixían a adaptación de "La Caída de la Casa Usher"; a esta seguirían infinidade de películas, moitas de serie B, e moitas dirixidas por Roger Corman.

Os seus poemas foron interpretados tamén por grandes mestres da pintura, estando presente na obra de Gustave Doré e Édouard Manet. Na Biblioteca contamos cun exemplar de "O Corvo" ilustrada por Doré.

A obra de Poe ten espertado a curiosidade de escritores como Borges, Bernard Shaw, Baudelaire ou Cortazar... Todos eles na Biblioteca Universitaria.

Para os máis interesados, internet ofrece innumerables recursos. A wikipedia recolle ampla información sobre o escritor, con mención á súa biografía, as súas obras e á súa influencia en distintas e curiosas manifestacións. Non deixedes de visitar a páxina do Edgar Allan Poe Museum ou a The House of Usher.

A Biblioteca Universitaria de Vigo conta cun importante número de obras, de, e sobre Poe, en varios idiomas, mesmo traducións ó galego, coma a que lles valeu ós profesores Jorge L. Bueno e Ana M. Fernández Soneira o accésit de tradución no Premio 2003 de Relato, Poesía e Tradución que convoca esta Universidade.

E xa para rematar, unha combinación de terror e humor coa versión de "O corvo" na serie de animación "Los Simpson". Espeluznante!!!!



Videos tu.tv

No hay comentarios: