miércoles, 23 de diciembre de 2009

DESPEDIDA... Ó 2009


Dende esta ventá, a ventá da Sección de Adquisicións, queremos desexarvos Feliz Aninovo.

Tamén queremos agradecervos a vosa compaña ó longo deste tempo.

Temos pasado ratos moi entretidos, divertidos, entrañables... facendo os nosos posts e lendo os vosos comentarios, pero, témolo que deixar. O 2010 será ano de oposicións (?) e temos que adicarnos a outras cousas.

Pode non ser unha despedida, senon un "deica logo" , pero mentras sigamos aquí, seguiremos mercando libros (e seguiremos en twitter).

Bicos.

(Si, son estrellas. Sin comentarios)

viernes, 4 de diciembre de 2009

CUMBIA CARTONEIRA NA BIBLIOTECA DE FILOLOXÍA


Axudar as persoas que viven do reciclaxe do cartón e dar a coñecer a literatura latinoamericana actual por medio de libros elaborados de forma artesanal é o fin do proxecto editorial das cartoneiras. As editoriais cartoneiras nacen en Buenos Aires no ano 2003 con Eloísa Cartonera, e a partir de aí expándense por toda Latinoamérica producindo libros artesanais e únicos a partir de materiais reciclados proporcionados polos cartoneiros; o contido do libro inclue obras de escritores pouco coñecidos, traducións de autores extranxeiros ou obras de escritores de prestixio que renuncian ós seus dereitos de autor a favor deste proxecto.


O proxecto chega á Universidade de Vigo da man de varios membros da Facultade de Filoloxía e Tradución que participaron no IV Simposio Roa Bastos de Literatura na Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) onde estableceron contacto con representantes de Katarina Kartonera.




Na Biblioteca da Facultade de Filoloxía podedes ver unha pequena mostra destes interesantes libros e coñecer algo máis deste novedoso proxecto.
Achegádevos.

(As fotos son da nosa compañeira Ana Bande)

miércoles, 25 de noviembre de 2009

jueves, 19 de noviembre de 2009

ESPORAS, BACTERIAS, FIBROBLASTOS, SULFUROS, CROMOSOMAS... E POESÍA? POIS SÍ

"Salime al campo:
vi que el sol bebía
los arroyos del yelo desatados,
y del monte quejosos los ganados,
que con sombras hurtó su luz al día"
Francisco de Quevedo. Salmo XVII.
Imaxe BSE de cristal sintetizado.


Cando está a piques de rematar a "Semana da Ciencia 2009" recibimos na Biblioteca Central de Vigo un curioso libro que queremos compartir convosco: Micropoemas : imágenes de la ciencia .
Aínda que poida resultar chocante, a Universidade de Oviedo conseguiu combinar ciencia e poesía a través das imaxes microscópicas obtidas por científicos desta Institución, que pola súa beleza inspiraron a súa unión cós versos escritos por grandes representantes da poesía española e latinoamericana.
Frei Luis de León, Cervantes, Machado, Borges, Lorca, Neruda... teñen o seu espazo nestas páxinas cheas de movemento, cor, sensacións, arte...
Pero, vinde e xulgade vos mesmos, merece a pena.
Post e documentos de mercandolibros relacionados:

miércoles, 7 de octubre de 2009

E TÍ, COÑECES A HIPATIA?


Hipatia xa "existía" na BUV antes de que Amenábar a "descubrira"…

Cando está a punto de estrearse ÁGORA, a esperada película de Alejandro Amenábar, dende a Biblioteca Universitaria queremos prepararte para a súa estrea.

Hipatia de Alexandría está considerada a primeira muller científica da historia. Nada menos.
Educada na ciencia polo seu pai, o filósofo e matemático Teón de Alexandría, dedicou a súa vida á astronomía, a filosofía, as matemáticas...

Froito diso foron os seus extensos traballos (destruídos, pero amplamente citados) sobre álgebra ou xeometría... a súa revisión de teorías doutros grandes matemáticos como Euclides, ou astrónomos como Tolomeo... Deseñou instrumentos como o astrolabio plano, que serve para medir a posición das estrelas, os planetas e o Sol, ou un hidroscopio que medía a presenza e nivel da auga...

Nun mundo dominado por homes, unha muller dedicada á investigación e á difusión dos seus coñecementos.

O enfrontamento entre relixión e ciencia, paganismo e cristianismo en auxe, arrastrárona a unha morte cruel á mans de cristiáns fanáticos que non aceptaron a súa negativa a converterse ao cristianismo.



A destrución da Biblioteca de Alexandría, centro do saber e o coñecemento, se ben non coincide historicamente, si é parte esencial desta película… e tamén do fondo da Biblioteca Universitaria de Vigo na que podes encontrar todo o que necesitas para PREPARARTE PARA A ESTREA :

- A protagonista: Hipatia de Alexandría
- O Director: Alejandro Amenábar
- A Biblioteca de Alexandría na historia

Ademais de obras relacionadas coa historia, as relixións, as loitas relixiosas, , a intolerancia, o fanatismo, as mulleres científicas, a filosofía, a historia da ciencia, das matemáticas, a astronomía, o Imperio Romano...



E xa postos, se te apetece ver UNHA DE ROMANOS, bótalle unha ollada a esta lista e ao noso catálogo. Temos unhas cantas.

Posts e documentos de mercandolibros relacionados:

miércoles, 30 de septiembre de 2009

RATOS OU GATOS DE BIBLIOTECA?


Acaba de chegar á Biblioteca unha obra moi especial: Dewey Lee Más Libros.
Conta a historia real, conmovedora e divertida, acontecida nunha pequena vila de Iowa, cando a bibliotecaria Vicky Myron encontra un pequeno gato alaranxado metido na caixa de correo de devolución de libros. O gato Dewey, convertido co tempo nun empregado máis da biblioteca, protagoniza as páxinas deste libro coas súas 7 vidas que sumaron máis de 19 anos entre libros, usuarios e bibliotecarios aos que adoraba e que o adoraban.

A obra, escrita pola bibliotecaria Vicki Myron, podes atopala na Biblioteca Central de Vigo.
Tamén pódeche interesar : Firmin (vida de un rato bibliófilo)
Post relacionados : O libro no libro