miércoles, 24 de septiembre de 2008

"Mercando libros" despega


Aproveitando o inicio do curso 2008/2009, lanzámonos á blogosfera, e facémolo co ánimo de crear un espazo de achegamento ós nosos usuarios.

"Mercando libros" tentará ser unha canle de comunicación máis áxil e accesible entre a Sección de Adquisicións e a comunidade universitaria.

Dende aquí tentaremos, entre outras cousas:

- Difundir a colección da Biblioteca.
- Informar sobre as últimas adquisicións e novedades bibliográficas.
- Facernos eco das actividades relacionadas co mundo do libro, buscando tamén un espazo para o ocio e a divulgación.

Animámosvos a empregar esta vía para poñervos en contacto coa nosa Sección, tanto para solicitar a compra dun libro, coma para facernos chegar as vosas suxestións, comentarios e propostas de novos contidos, de xeito que este espazo se vaia construindo entre tod@s.

3 comentarios:

vnovegil dijo...

Saudos, e noraboa pola vosa inciativa de axilizar a comunicación mediante un blog ou calquera outra ferramenta web2.0

Un abrazo grande

Ramiro Varela dijo...

Quiero añadir mis felicitaciones por esta iniciativa. La gente que piensa, como vosotros, en como ayudar a los demás, en cómo hacer las mejor, es la que mas apreciamos y necesitamos. Gracias.

Alberto Dafonte dijo...

Noraboa pola iniciativa. O máis cómodo sempre é deixar todo como estaba e calquera cambio é un traballo extra. Como suxerencia para a próxima innovación sería fantástico non ter que cubrir 15 veces os mesmos datos cando queres pedir 15 libros a través do formulario da web.
Ánimo con isto.