Estase a celebrar a Semana da Ciencia, evento de carácter europeo que, coordinado en Galicia pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellaría de Innovación e Industria, en colaboración con FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), conta coa participación de numerosas entidades e organismos entre os que é parte moi activa a Universidade de Vigo.
Son numerosas as actividades organizadas (exposicións, charlas, teatro, obradoiros...), todas elas coa finalidade de achegar á ciencia a todo tipo de público da forma máis lúdica e didáctica posible.
Dende Mercando libros queremos facer a nosa pequena aportación a esta iniciativa.
Difundir a colección da Biblioteca Universitaria é un dos fins deste blog; hoxe queremos facer unha pequena homenaxe ás mulleres científicas e ao seu papel na historia da ciencia, durante tanto tempo silenciado nun mundo prácticamente reservado ós homes.
Neste documento (Visualizar como libro) poderedes atopar os fondos bibliográficos da Biblioteca Universitaria de Vigo adicados ós estudos sobre as mulleres e a súa contribución ó mundo da ciencia dende tempos remotos ata os nosos días, incluíndo biografías dalgunha dela como a matemática Hypatia de Alejandría ou a Premio Nóbel Marie Curie, pasando pola xenetista Barbara McClintock entre outras.
Todas elas son un exemplo de loita e pasión pola ciencia; como elas, hoxe en día moitas mulleres adicanse ós estudos científicos e técnicos e as súas aportacións son fundamentais nos avances da actual ciencia e tecnología.
Vai por elas!
martes, 18 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Espectacular.
Pero: ¿pódese ler algo na biblioteca central de Vigo? ¿ou qúe?
E logo!
Prueba y te sorprenderás con muchos libros
Jaime: se propoñes unha vinculación lectura-serendipity, non esperes atopar moitos usuarios de bibliotecas, e menos usuarias. ¿Fóra catálogos e recuperación da información? Ti mesmo.
Pouco se recupera sobre o tema proposto na biblioteca central. É todo.
Apertas
Publicar un comentario