A Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas 2009 a Ramón Piñeiro, considerado un dos máis importantes representantes do galeguismo político e cultural.
Mercando Libros quere achegarvos á súa vida e obra a través dun documento no que recollemos as obras de e sobre Ramón Piñeiro que se atopan na Biblioteca Universitaria de Vigo.
Do mesmo xeito, recomendámosvos alguns enlaces de interés para coñecer máis sobre este importante representante e defensor da identidade galega.
- Para coñecer a súa biografía : Real Academia Galega
- Para coñecer a súa obra : Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela e Biblioteca da Fundación Penzol
- Foi director literario da Editorial Galaxia
- Fundador da Revista Grial
- Foi o primeiro director do Consello da Cultura Galega
- O Centro Ramón Piñeiro para da Investigación en Humanidades leva o seu nome.
- No Centro Social Uxío Novoneira de Lugo celébrase a máis importante das exposicións sobre a súa vida e obra "Ramón Piñeiro (1915-1990). Olladas no futuro"
- A Casa Galega da Cultura de Vigo ten habilitado un espazo coa reprodución do seu famoso gabinete da rúa Xelmirez 15 de Santiago.
- A súa voz pode escoitarse a través do Arquivo Sonoro de Galicia.
- O seu "correo electrónico"
E para rematar, este bonito traballo con interesantes entrevistas :
domingo, 17 de mayo de 2009
viernes, 8 de mayo de 2009
MÁIS SOBRE A RECONQUISTA DE VIGO
Continuando cos actos de conmemoración do 2º Centenario da Reconquista de Vigo, estase a celebrar na Casa Galega da Cultura o Ciclo de Conferencias "Cidades en guerra, 1808-1814: Galicia na Guerra da Independencia", organizado pola Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, coa colaboración do Concello de Vigo. Varias destas conferencias serán impartidas polos profesores da Universidade de Vigo: Rafael Vallejo Pousada, Luis Domínguez Castro e Gonzalo Méndez Martínez.Os actos completaranse na Casa das Artes coa Exposición "Cidades en Guerra, 1808-1814: Vigo na Guerra da Independencia", comisariada por Rafael Vallejo e J. Francisco Fuentes, na que se dará unha visión militar, social e política deste feito histórico, mostrando máis de 170 pezas entre armas, planos, retratos, escenas de batallas, textos impresos e manuscritos...
A Biblioteca Universitaria participa nesta mostra có préstamo de dúas obras: Reseña de la Reconquista de Vigo, de F. Estrada Catoyra e Tierra de Fragoso (notas para la historia de Vigo y su comarca), de J. Espinosa Rodríguez.
Paralelamente, na Casa Galega da Cultura, e tomando o título da obra José Fernández y Neira, desenrolarase a Exposición "Proezas de Galicia : a Guerra da Independencia e a Reconquista na Biblioteca Penzol", onde poderemos ver arredor dun centenar de libros e documentos conservados na Biblioteca da Fundación Penzol, unha das máis ricas en fondo galego.
Se queredes saber máis sobre a Guerra da Independencia en Galicia remitímosvos a noso post do día 25 de abril "Reconquista de Vigo: 200 anos".
Publicado por
Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo
en
12:23
No hay comentarios:
Etiquetas:
exposicións,
Guerra da Independencia,
Reconquista,
Vigo
miércoles, 22 de abril de 2009
O "DÍA DO LIBRO" NO "ANO DA ASTRONOMÍA"
O Ano 2009 foi declarado pola ONU Ano Internacional da Astronomía. O 23 de abril foi declarado pola UNESCO Día do Libro. En Mercandolibros queremos unir estes dous acontecementos.Dende tempos remotos a astronomía foi un importante tema de observación e estudo, e diso fóronnos quedando vestixios, primeiro arqueolóxicos e despois escritos. A astronomía e as materias relacionadas con ela deron lugar a múltiples publicacións; ao igual que noutras áreas científicas, o Renacemento foi especialmente prolífico; o auxe da navegación a partir do século XV obrigou ao desenvolvemento de instrumentos e sistemas de navegación que potenciaron o estudo de materias como a cartografía, xeografía, astronomía... que quedaron plasmados en interesantes libros dende os que se contribuíu á desaparición da antiga visión xeocéntrica da Terra para pasar a desenvolver as modernas teorías heliocéntricas xa formuladas en Grecia por Aristarco de Samos. E disto temos exemplos na Biblioteca Universitaria que hoxe queremos presentarvos. Dentro do fondo de facsímiles da Biblioteca inclúense algúns estudos astronómicos realizados entre os séculos XV e XVII. Curiosos libros enriquecidos con debuxos, figuras móbiles, mapas do ceo de impresionante colorido...
Se ben isto é unha pequena mostra de tratados antigos, a BUV conta cun importante fondo de astronomía e materias relacionadas. Nesta guía encontraredes diversas materias a través das que podedes encontrar tanto obras de divulgación coma manuais, obras de referencia, revistas, biografías, vídeos, obras de investigación...
Desta forma, unímonos a ambas as dúas celebracións e facemos nosa modesta contribución á difusión da astronomía coa que a Universidade de Vigo está tan comprometida, como o demostra a súa participación en proxectos nacionais como "Una Universidad, Un Universo" que, coordinado pola profesora Ana Ulla Miguel, pretende achegar este campo a todos os públicos a través de conferencias nas 77 universidades españolas.
Que teñades un bo Día do Libro!
Publicado por
Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo
en
10:20
4 comentarios:
Etiquetas:
Ano da Astronomía,
astronomía,
Biblioteca Universitaria,
Día do Libro,
facsímiles,
Libros
jueves, 2 de abril de 2009
CONTOS NA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA?
É 2 de abril. Dende 1967 nesta data celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, conmemorando así o nacemento de Hans Christian Andersen.Hoxe Andersen cumpriría 204 anos, e dalgún xeito segue vivo.
De orixe extremadamente humilde, saíu da miseria grazas ao seu enxeño e as súas boas relacións; cantante de ópera, bailarín... quixo ser outras cousas, pero sobre todo quixo ser escritor. Publicou poesía, novela, teatro, libretos de óperas..., pero en nada destacou tanto como nos seus contos; e son estes os que hoxe aínda lle manteñen vivo. Parte da súa vida dedicouna a viaxar; relataba as súas experiencias en crónicas xornalísticas e en libros de viaxes; unha das súas dúas viaxes por España levouno a publicar a obra "En España".
De orixe extremadamente humilde, saíu da miseria grazas ao seu enxeño e as súas boas relacións; cantante de ópera, bailarín... quixo ser outras cousas, pero sobre todo quixo ser escritor. Publicou poesía, novela, teatro, libretos de óperas..., pero en nada destacou tanto como nos seus contos; e son estes os que hoxe aínda lle manteñen vivo. Parte da súa vida dedicouna a viaxar; relataba as súas experiencias en crónicas xornalísticas e en libros de viaxes; unha das súas dúas viaxes por España levouno a publicar a obra "En España".

Coma se dun conto se tratase, a vida foi xenerosa con el; en 1866 recibe do Rei de Dinamarca o título honorífico de Conselleiro de Estado e en 1867 foi declarado ciudano ilustre da súa cidade natal, Odense.
Hoxe en día varios premios literarios levan o seu nome e, case dous séculos despois aínda asistimos a novas edicións, adaptacións, obras de teatro, ballets, películas, xogos de ordenador, pinturas, esculturas... baseadas nas súas historias.
O seu nome transcendeu incluso o noso Planeta: en 1976 o asteroide n.º 2476 foi bautizado Andersen en honor ao escritor danés.

E Andersen, como outros moitos autores de contos, está tamén representado nas nosas bibliotecas, con edicións en distintos idiomas, traducións ó galego, adaptacións, películas...
Vedes como hai contos na Biblioteca Universitaria?.
miércoles, 25 de marzo de 2009
RECONQUISTA DE VIGO : 200 ANOS
O sábado 28 de Marzo Vigo celebra os 200 anos da súa Reconquista. O Día da Reconquista, de longa tradición en Vigo, adquire este ano unha especial importancia ó celebrarse o Bicentenario da azaña dos vigueses contra as tropas francesas. O Concello de Vigo e a Asociación Veciñal Casco Vello teñen preparados varios eventos, como exposicións, representacións... Na páxina web reconquistadevigo.com hai abundante información sobre a historia e as actividades que se desenvolverán nestes días.A Biblioteca Universitaria conta cun pequeno fondo sobre a Guerra da Independencia en Vigo que se pode completar, entre outras, coa abundante documentación depositada na Biblioteca Penzol de Vigo ou no Arquivo Municipal.
Por outra banda, unha ampla información sobre a Guerra da Independencia en Galicia, que inclue tanto monografías como artigos de revistas, atópase no Catálogo Galicia da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.
O feito da celebración do Bicentenario animou a moitas institucións a facerse eco deste acontecemento ; a Biblioteca Nacional elaborou unha completa páxina de recursos onde se pode atopar a Guerra da Independencia en diversos ámbitos coma o cine, a literatura, a arte, internet...
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, xunto có Ministerio de Defensa, súmanse a esta conmemoración cunha páxina web que recolle numerosas testemuñas escritas sobre o período de 1808 a 1814.
¡Vémonos na rúa!
Publicado por
Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo
en
13:42
2 comentarios:
Etiquetas:
Guerra da Independencia,
Reconquista,
Vigo
martes, 17 de marzo de 2009
Recomendacións
Recomendamos a lectura de dous artigos sobre o mundo do libro e os bibliotecarios. O primeiro fala dos cambios que están a acontecer no mundo do libro e o segundo, sobre o que chaman bibliotecarios do S. XXI.
El hombre desciende del libro
Nuevos bibliotecarios para la era digital
El hombre desciende del libro
Nuevos bibliotecarios para la era digital
Publicado por
Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo
en
13:41
1 comentario:
Etiquetas:
Bibliotecarios,
edición,
lectura,
Libro,
O libro no libro
martes, 10 de marzo de 2009
A BIBLIOTECA UNIVERSITARIA COAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS

A Biblioteca Central da Universidade de Vigo é a encargada de xestionar todo o material bibliográfico que chega ós diferentes centros do Campus de Vigo. Na Biblioteca ingresan diariamente gran número de obras non só a través de compra, senón tamén a través de doazóns de institucións e particulares, e tamén dos acordos de intercambio que a Universidade mantén con outras universidades e institucións españolas. Deste xeito acumúlanse moitos duplicados que a Biblioteca oferta as bibliotecas municipais da provincia. Esta iniciativa está a ter moi boa acollida por parte destas bibliotecas moitas veces con escasos presupostos, que ven a posibilidade de aumentar os seus fondos con material de interés, actual e gratuito.
A Biblioteca Universitaria cumple así unha pequena labor de difusión e cooperación coas bibliotecas do noso entorno, colaborando así na formación e información dos usuarios destes centros.
Animamos ás bibliotecas públicas que aínda non coñecen esta iniciativa se poñan en contacto con nos se están interesadas.
Publicado por
Sección de Adquisicions. Biblioteca Central. Universidade de Vigo
en
12:48
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Universitaria,
Bibliotecas públicas,
Doazóns,
Fondos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
