Entidades galegas como o Consello da Cultura Galega ou o Centro Ramón Piñeiro están a ter a iniciativa de realizar edicións facsímiles da prensa histórica galega, achegando así ós investigadores, e ó público en xeral, un material de moi difícil acceso.
A Biblioteca Universitaria conta cun gran número destas obras; a Sección de Hemeroteca elaborou un listado no que se inclue dende "El Catón Compostelano", considerado o primeiro xornal galego, ata "La Ilustración gallega y asturiana", pasando diversas publicacións de galegos en América e outras moitas (Ver listado).
Dixitalización
Pero a prensa histórica estase achegando moito máis; as novas tecnoloxías permiten que coleccións incompletas ou dispersas, exemplares únicos ou en mal estado, estén sendo dixitalizados para preservar e difundir un material bibliográfico de temática variada, que abarca un amplo período histórico, e que pola súa propia natureza e a súa abundante consulta, é fácilmente degradable. A Biblioteca Universitaria dispón de edicións completas en CD dos diarios Faro de Vigo e Pueblo gallego. O diario La Voz de Galicia está dispoñible dende o ano 1968.
Un dos recursos informativos máis solicitados, reservado en ocasións só a determinados investigadores, hoxe, grazas a ambiciosos proxectos cooperativos, está ó alcance de todos nós dende noso ordenador.
Estes son algúns exemplos :
- GALICIA : Biblioteca Dixital de Galicia : inclúe ó redor de 266 títulos de prensa histórica galega.
- ESPAÑA : Biblioteca Virtual Española de Prensa Histórica (Ministerio de Cultura) : ó redor de 2.000 cabeceiras, 45 bibliotecas, máis de 3.000.000 de páxinas da prensa de máis de 140 localidades españolas. Hemeroteca Digital de la Biblioteca Nacional : colección dixital da prensa histórica española ubicada na Biblioteca Nacional, con acceso a outras hemerotecas dixitais españolas (CC. AA., concellos...).
- EUROPA : European Digital Library Project : inclúe acceso ó catálogo e coleccións dixitais (entre elas prensa) de gran número de bibliotecas nacionais europeas
Aínda queda camiño por andar, pero vamos a bo ritmo, e aí está Google có seu macro proxecto de "Gran Hemeroteca Mundial"; a súa intención é incluir a dixitalización, indización e acceso on line de toda a prensa dos últimos douscentos anos; polo de agora están accesibles, a través de Google News, o New York Times e o Washington Post.
1 comentario:
Muy interesante este post.
Muchas gracias por vuestra información.
Publicar un comentario